rúbricas


Unha das dificultades da aprendizaxe por proxectos é establecer unhas boas ferramentas de avaliación


Neste senso, as rúbricas poden ser unha boa ferramenta para avaliar as tarefas e produtos dun proxecto.



As rúbricas son guías de puntuación usadas na avaliación do desempeño dos estudantes que describen as características específicas dun produto, proxecto ou tarefa en varios niveis de rendemento, co fin de clarificar o que se espera do traballo do alumno, de valorar a súa execución e de facilitar a proporción de feedback (retroalimentación) (Andrade, 2005; Mertler, 2001) a través de Fernandez, A Revista de Docencia Universitaria Vol.8 (n.1)2010

Vantaxes do seu uso para o alumnado:  Segundo Goodrich Andrade e Martinez Vermellas( citados por Esther Carrizosa Prieto e Jose Ignacio Gallardo Ballesteros.

  •  O alumnado ten moita máis información que con outros instrumentos (retroalimentación)
  •  Fomentan a aprendizaxe e a autoavaliación
  •  Coñecen de antemán os criterios cos que serán avaliados
  • Facilitan a comprensión global do tema e a relación das diferentes capacidades.
  • Axudan ao alumnado a pensar en profundidade.
  • Fomentan a responsabilidade do alumnado, que en función dos criterios expostos poden revisar os seus traballos antes de entregalos ao profesor.

 Vantaxes de uso para o profesorado:

  • Son fáciles de usar e de explicar aos alumnos. Incrementa a obxectividade do proceso avaliador
  •  Ofrecen unha retroalimentación sobre a eficacia dos métodos de ensino que se empregaron.
  • Son versátiles e axústanse ás esixencias do proceso de avaliación por competencias.

 Que inconvenientes teñen as rúbricas? (Popham 1997: 72-75) citado por Esther Carrizosa Prieto

  • O deseño dunha rúbrica supón tempo por parte do docente e coñecemento de como se fai.
  • Avaliar por rúbricas supón tempo para chegar a resultados similares con outro tipo de instrumentos.
  •  Un mal deseño da rúbrica pode facer que non se identifique o criterio de avaliación coa tarefa en si ou pola contra criterios demasiado xenerais fai inviable a súa avaliación.
  •  Risco de converter a avaliación en algo extenuante.