cuestionarios


Si revisamos os cuestionarios propostos detidamente teremos unha idea clara das debilidades do noso proxecto para corrixilas dende o principio, ou, polo menos, ser conscientes  delas para tentar compensalas con fortalezas. 

Pode parecer una tarefa tediosa pero pensamos que se verá compensada co resultado final porque vainos permitir reflexionar sobre aspectos que probablemente non teñamos moi ben definidos

É importante ter en conta uns criterios de calidade si queremos rematar un bo proxecto. Ao profesorado cústanos ás veces planificar os detalles do traballo minuciosamente pero é preciso facelo se queremos concluir o proceso con éxito.