reforzando ideas

Atreverse a emprender un Proxecto non é doado, especialmente se queremos facer partícipes a outros compañeir@s e á dirección do centro que, probablemente, terá que colaborar cun mínimo de insfracestructura para dotar ao noso proxecto de certa flexibilidade e solvencia. Se nós queremos liderar ou axudar nese proceso dende a biblioteca, será preciso ter as ideas claras e tamén claras as respostas para as lóxicas dúbidas que máis cedo ou máis tarde aparecerán. Estes videos parte do Mooc sobre ABP de EducaLab   son unha excelente ferramenta que toca todos os aspectos na execución dun proxecto: diferentes fases do proceso, socialización rica, uso das TIC, avaliación, difusión... Pensamos que o seu visionado é moi recomendable para comezar.


  • 1.- IDEAS CHAVE DA APRENDIZAXE POR PROXECTOS

Escoitaremos os fundamentos do ABP e aprenderemos os principais criterios que utilizaremos para asegurarnos do rigor do noso proxecto




  • 2.- DESEÑO DUN PROXECTO

Aprenderemos sobre as distintas fases dun Proxecto Mínimo Viable:

  • Plantexamento da pregunta ou reto
  • Procesamento da información
  • Resolución do reto
  • Elaboración produto final
  • Evaluación  do proceso e do produto
  • Difusión


  • 3.- APRENDIZAXE E SOCIALIZACIÓN

Descripción dos movementos de socialización durante a descripción dun proxecto:

  • Dentro da aula: aprendizaxe cooperativa 
  • Hacia fóra da aula: investigación e servizo
  • Hacia dentro da aula: colaboración con axentes externos


  • 4.- TRABALLANDO COAS TIC

Como utilizar as TICs para conseguir unha aprendizaxe significativa e memorable:

  • Actividades, artefactos e ferramentas
  • Sempre o educativo prima sobre o tecnolóxico
  • Algunhas ferramentas dixitais útiles
  • Redes sociais maioritarias, si ou non?
  • TICs para a difusión final do producto e tamén para a difusión da práctica docente


  • 5.- AVALIACION DUN PROXECTO

Avaliando o noso proxecto:

  • Avaliación inicial e autoavaliación
  • A importancia dos exames escritos
  • Definición de criterios claros, operativos, xustos e transparentes
  • Diarios de aprendizaxe e portfolios
  • Rúbricas


  • 6.- O CENTRO COMO ECOSISTEMA

Estratexias para poder desenvolver o noso proxecto con garantías de éxito na comunidade educativa:

  • Dialogo, negociación e procura de apoios
  • Implicación equipo directivo
  • Planificación extremadamente coidadosa
  • Redacción Proxecto Mínimo Viable para presentar ao claustro
  • Difusión do proxecto unha vez rematado


  • 7.- O DESAROLLO PROFESIONAL MEDIANTE O ABP

O ABP como reto para os/as docentes:

  • O docente deberá poñer en práctica todas as competencias profesioinais
  • Deberá aprender conxuntamente co alumnado
  • Deberá ter un Entorno Persoal de Aprendizaxe rico e variado
  • o ABP é unha excelente oportunidade como experiencia de formación en centros. 


Máis sobre Fernando Trujillo

  • Páxina web con moitos recursos e interesantes reflexións

ligazóns de interese

  • Video moi recomendable para levar a cabo un proxecto nas áreas de Ciencias